publicidade hoxe

O Club Baloncesto Nigrán participa no II Basker Lover

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesNigrán
A-
A+

O CLUB BALONCESTO NIGRÁN participa na II edición do concurso BASKER LOVER promovido pola liga ENDESA. O Club Baloncesto Nigrán enviou o seu proxecto de Baloncesto para Nigrán aos organizadores da II edición do concurso BASKER LOVER. Un xurado de expertos seleccionará as oito historias que máis se identifiquen co espírito Basket Lover, e os seus autores terán a oportunidade de rodar un vídeo dando a coñecer o seu proxecto. Os vídeos colgaranse na web www.basketlover.es, onde os internautas votarán á historia coa que máis se identifiquen para coñecer o gañador.

Tras o éxito da primeira edición, na que se realizou unha serie televisiva guiada polo actor e presentador Dani Martínez, nesta segunda tempada o gañador recibirá un premio de 6.000 euros.

A través do concepto Basket Lover, Endesa pretende materializar o compromiso que esta compañía ten co baloncesto e cos valores que transmite, así como cos seus seguidores, que encontran no baloncesto a enerxía necesaria para superar os obstáculos que se lles presentan na vida. Nesta edición o programa percorrerá o país coa presentadora Ana Albadalejo buscando as historias máis emocionantes dos que fan grande o baloncesto.

Ademais o CB NIGRÁN quere participar na sección que o Basket Lover ten para os colexios, por iso estase a organizar xunto aos directores do CEIP Humberto Juanes, Cruz Camos e Carlos Casares para levar a cabo a devandita iniciativa destinada a estudantes de entre 8 e 12 anos apaixonados polo baloncesto. Nesta segunda edición, os participantes terán que enviar un debuxo aplicando a innovación ao mundo do baloncesto.

17 de febreiro de 2015 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.