O CITA acolle esta fin de semana as III Xornadas do Entroido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Festas organiza esta semana as III Xornadas sobre o Entroido de Galiza en colaboración coa Sociedade Antropolóxica Galega (Saga), que se celebrarán no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA).

As xornadas desenvólveranse mañá e o sábado coa seguinte programación:

Venres, 27 de febreiro

• 18.00 horas apertura das xornadas

• 18.15 horas. Presentación das Actas das II Xornadas sobre o Entroido de Galiza. Intervén Rafael Quintía (Saga).

• 18.30 horas. Xosé Fuentes Alende: “Entroido tradicional de Campañó. A corrida da rosca”.

• 19.00 horas. Héctor Salgado: “O bombo no Entroido de Laza”

• 20.00 horas. Carlos Ares: “Viana do Bolo: Cen anos de Entroido”.

• 21.00 horas. Mesa redonda e coloquio.

Sábado, 28 de febreiro

• 18.30 horas. Presentación do libro A danza dos labregos. Estudo do entroido de Marcón, por Xosé Anxos Rosales.

• 18.45 horas. Presentación de Os Xenerais da Ulla, Unidade didáctica para educación infantil e primaria. Por Carmela Sánchez (ETNOGA).

• 19.00 horas. Xerardo Santomé: “Pinténs. Entroido no Hío”.

• 20.00 horas. Suso Fariñas: “O Entroido da Limia”.

• 21.00 horas. Mesa redonda e coloquio final.

• 21.15 horas. Actuación musical a cargo de Carmen Gallego (violín e nyckelharpa) e César Loureiro (zafona).

As xornadas irán acompañadas dunha exposición que se poderá ver tamén no CITA, ambolosdous días de 11.00 a 21.30 horas baixo o título “O Entroido en Galiza”. As visitas guiadas á exposición será ás 17.00 horas a cargo de Miguel Losada, secretario da Saga.

26 de febreiro de 2015 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.