O Centro de Saúde da Parda celebrará obradoiros grupais para pacientes da comarca con procesos diversos
O centro de saúde de A Parda en Pontevedra planificou a celebración durante os vindeiros meses de varios obradoiros para tratar cos pacientes procesos coma a Diabetes tipo II, a Obesidade, a Menopausa, as doenzas de espalda ou a mellora da actividade física. Este programa formativo e asistencial da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés ofértase a pacientes de toda a comarca, aínda que non teñan asignado o seu facultativo no centro de saúde de A Parda. Poden pedir información contactando no teléfono 986-86.88.24.
Un dos obradoiros -coordinados e organizados pola enfermeira Carmen Abeledo Márquez- profundizará no tratamento da Diabetes Tipo II durante catro sesións semanais -os vindeiros xoves 12, 19 e 26 de febreiro e o xoves 5 de marzo, en horario de 10,30 a 11,30 h-.
Obradoiro de análise da obesidade
Outro obradoiro analizará desde diversas perspectivas a obesidade, explicando os múltiples beneficios de saúde que xenera a perda de sobrepeso nos pacientes e expoñendo diversas técnicas e estratexias para perdelo. Así mesmo, esta actividade formativa no centro de saúde de A Parda plantexará aos asistentes iniciativas de actividade física, expoñendo tamén beneficios e estilos de vida saudable.
Este curso de tratamento da obesidade desenvolveráse no centro de saúde entre marzo e maio, ao longo dun total de oito sesións:os xoves 26 de marzo, 9, 16, 23 e 30 de abril; 7, 14 e 21 de maio, sempre en horario de 10:30 a 11:30 horas.
Por outra banda, este centro sanitario celebra un obradoiro de actividade física todos os mércores de 10 a 11 horas, no que é necesario dispoñer de cita previa, do mesmo xeito que un obradoiro de actividades físicas para mellorar a espalda, para pacientes de Fisioterapia derivados polo médico.
Xa a finais de maio, Centro de Saúde de A Parda acollerá un obradoiro de tratamento e adaptación á menopausa, no que se analizarán as súas etapas e síntomas, consellos para manterse saudable tras este proceso vital femenino, así como o estudo dos seus factores de risco. Esta actividade formativa desenvolveráse en horario de 10:30 a 11:30 horas.











