O Celta recolocará os subscritores de Preferencia ante o inicio das obras de remodelación do estadio
As obras de remodelación de Balaídos iniciaranse tras o partido de Liga ante o Atlético de Madrid, programado para o domingo 15 de febreiro. A reforma integral do estadio comezará por Preferencia/Tribuna e estímase que esta grada estará finalizada para o comezo da próxima tempada.
Ante a necesidade de pechar a bancada de Preferencia para acometer os labores de reforma, os subscritores con butacas nesta bancada serán recolocados en Río Alto e Río Baixo, en función da situación que ocupan actualmente na súa bancada. Os subscritores afectados deberán pasar pola oficina de subscritores do club en Balaídos entre o 19 e o 28 de febreiro (sábados 21 e 28 incluídos) en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas para recoller os seus carnés actualizados, cos que poderán acceder ás súas novas localidades dende o encontro de Liga ante o Elche CF (luns 2 de marzo).
O club agradece aos subscritores a súa colaboración e a súa comprensión ante este traslado, necesario para poder gozar nun futuro próximo do Balaídos que o celtismo merece.











