O Celta e a Fundación colaboran na campaña “As mulleres temos corazón”
O Real Club Celta de Vigo a través da súa Fundación colabora na promoción da campaña de sensibilización sobre a prevención de enfermidades cardiovasculares.
Con esta campaña preténdese concienciar á sociedade civil e en particular ao colectivo de mulleres acerca da importancia da identificación correcta e precoz de síntomas relacionados con enfermidades cardiovasculares ademais de alertar de que este tipo de enfermidades son a día de hoxe a principal causa de mortalidade entre as mulleres españolas.
Varios membros do club entre os que destacan xogadores como Larrivey ou Borja Oubiña e o adestrador Eduardo Berizzo así como o doutor do primeiro equipo e da selección española Juan José García Cota ofreceron a súa imaxe para a promoción desta campaña. Todos eles representan a vontade de club e Fundación por apoiar esta importante campaña por institucións como a Xunta de Galicia, ou Servizo Galego de Saúde, ou Concello de Vigo e o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e que conta co apoio de numerosas institucións do ámbito social galego.
A campaña de sensibilización contará con actividades de diversa índole como talleres de cociña, charlas divulgativas, concursos escolares e varias accións que culminarán o 26 de abril nunha gran marcha cardiosaludable que terá lugar en Vigo.











