O CB Airexa solidarízase coas enfermidades raras
O CB Airexa mostra a súa cara máis solidaria. O 28 de febreiro é o día mundial das Enfermidades Raras, Airexa mostrando o seu lado máis humano e solidario súmase á campaña nacional da FEDER coa finalidade de sensiblizar e facer máis visibles estas enfermidades que afectan a máis de tres millóns de persoas no noso país. Dentro dos actos a realizar e en coloaboración con MedicalESP e a federación galega de enfermidades raras levarase a cabo unha serie de actos en diferentes puntos da comunidade galega. Hoxe tócalle a quenda a Ponteareas e ao seu equipo ciclista, o 28 de febreiro en Vigo están programadas diferentes actividades en toda a cidade: Praza da Constitución, no centro comercial A Laxe,… asi que animan a saír á rúa e a participar. A achega de Nigrán vén de man da Airexa, que gravará xunto cos nenos o video da campaña da federación galega coa canción “Di que si” de “El desván del duende & Langui”











