publicidade hoxe

O Carnaval do Carballiño contará con 15 agrupacións no desfile

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Un ano máis o martes de Carnaval no Carballiño estará marcado polo desfile de Entroido, que percorrerá as principais rúas da vila, enchendo de música, cor e animación. En total serán 15 as agrupacións que participarán neste desfile, o primeiro dos dous que acollerá a vila do Orcellón.

O percorrido deste desfile comezará na rúa Otero Pedrayo, para subir por Conde Vallellano, rotonda da Alameda, avenida de Julio Rodríguez Soto, Calvo Sotelo, ata a Praza Maior, onde estará o xurado que emitirá o fallo deste Carnaval 2015.

Para que este percorrido non teña ningunha incidencia, desde a Policía local recórdase que estará prohibido o aparcamento nas rúas Otero Pedrayo e Conde Vallellano, o martes 17, desde as 14:00 ás 22:00 horas.

Nesta edición repartiranse un total de 7.640 euros en premios para as mellores agrupacións, a máis numerosa, a máis animada, etc…

Doutra banda, e despois do éxito do pasado ano, os reponsables de Cultura decidiron repetir o desfile de Carnaval, o domingo de Piñata, o mesmo día da celebración da Festa da Cachucha, o domingo 22 de febreiro. Así, neste segundo desfile, outorgarase unha achega económica a cada comparsa participante, xa que nesta ocasión non é un desfile de competición, senón simnplemente de espectáculo, pero o edil de Cultura aseguraba que “xa que fan o esforzo de vir nuevamente a O Carballiño, debemos darlles unha pequena compensación”.

16 de febreiro de 2015 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.