O Carballiño intégrase no proxecto Transforma Ourense
O obxecto das actuacións deste proxecto é poñer a disposición das pemes ourensanas unha Rede de Consultores co fin de coñecer o estado de situación actual destas. Neste proxecto levaranse a cabo accións de identificación, catalogación e captación de posibles colectivos implicados no proxecto, encamiñadas a coñecer a realidade empresarial do ámbito no momento actual e ser foro de reflexión e referente, marcando tendencias na normativa e xestión empresarial. Así mesmo, realizaranse accións de sensibilización e información destinadas a afondar no coñecemento e nas necesidades dos sectores de interese, a promover solucións xunto cos axentes implicados e impulsar as Pemes, principalmente da provincia de Ourense.
Por último, labores de consultoría co fin de coñecer o estado actual das Pemes e establecer posibles recomendacións para incorporar innovación nestas. Con estas actuacións, quérese conseguir que as Pemes beneficiarias aumenten o seu potencial innovador, desenvolvan as súas ideas e sexan capaces de establecer relacións con novos socios tecnolóxicos. A finalidade do proxecto é fomentar e incrementar nas Pemes que participen a súa competitividade e innovación a través de actuacións de I+D+i. Levaranse a cabo actuacións para impulsar a creación e consolidación de empresas de Base Tecnolóxica, conseguir aumentar o potencial creativo e innovador na NEBT.
As devanditas accións encóntranse encadradas dentro do Convenio marco, iniciativa promulgada pola E.O.I ( Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo).
As devanditas xornadas, dirixidas especificamente ao tecido empresarial Ourensano, teñen como obxectivo promover as principais ferramentas de desenvolvemento en materia de innovación. A continuación, presentámosche o horario e a temática das xornadas que se realizarán.











