O Burela Pescados Rubén deixou escapar tres puntos de Vista Alegre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+
Encontro Burela - Móstoles

Encontro Burela – Móstoles

O Burela Pescados Rubén deixou escapar tres puntos de Vista Alegre ante un Móstoles que venceu no feudo burelés por 1-2 aproveitando ao máximo as súas oportunidades. O partido comezou con boa sintonía no conxunto laranxa que tomou a iniciativa e xerou boas oportunidades de gol que Etayo, porteira mostoleña, desbaratou con solvencia. O Móstoles non conseguía frear o impulso local, Peque disparou ao pau e minutos despois asistiu perfectamente a Tainã que abriu o peche visitante. Co 1-0 o Móstoles intentou estirarse un pouco máis e sacou petróleo para remontar o encontro. O empate (1-1) chegou tras un córner que rematou María Otero e o 1-2 foi obra de Inma, a quince segundos do descanso. Con este resultado chegouse ao descanso e na continuación as pupilas de Lucas saíron con ánimos renovados. Nada máis empezar, dobre oportunidade con disparo de Peque ao pau e acto seguido de Claudia ao longueiro. O dominio burelao non tiña discusión ante un Móstoles máis agazapado que no primeiro tempo e cuxo argumento ofensivo foi testimonial. Encomendouse a defender a súa renda coa súa porteira Etayo como gran protagonista ao desbaratar as ocasións burelás. A falta de puntería laranxa propiciou que se chegase á recta final co inxusto 1-2 que reflectía o marcador. O Burela Pescados Rubén apostou polo xogo de cinco a catro minutos do final pero non atopou a recompensa desexada e o Móstoles acabou levándose o triunfo de Vista Alegre.

21 de febreiro de 2015 | 21:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.