O Burela Pescados Rubén a piques de dar a sorpresa en Murcia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+
Encontro ElPozo - Burela

Encontro ElPozo – Burela

O Burela Pescados Rubén a piques de dar, outra vez, a sorpresa no Palacio dos Deportes de Murcia onde ElPozo Murcia conquistou os tres puntos tras vencer (5-4) cun gol de Álex no último minuto. O conxunto de Juanlu Alonso realizou un excelente encontro no que tuteou á escuadra de Duda que tivo que tirar de calidade e moito esforzo para doblegar aos bureleses. O choque comezou cun ritmo trepidante e os murcianos adiantáronse pronto por mediación de Grello. A pesar do 1-0, o Burela Pescados Rubén non se amedrentou plantando cara e ofrecendo un gran nivel de xogo. O premio chegou co empate (1-1) conseguido por Matamoros, minuto 9. Ambas escuadras buscaban con descaro a meta contraria con alternancia no control do xogo. O marcador desequilibrouno Álex, o meta laranxa observou a posición adiantada de Iago Barro, debut do mariñao cos murcianos, para marcar o 1-2 que fixo ver aos de Duda que os galegos pelexarían a vitoria. Con ritmo, ocasións e emoción chegouse ao tramo final do primeiro periodo no que Lima sacou a relucir a súa clase para igualar a contenda (2-2) pero sen respiro Antoñito volveu situar en vantaxe aos burelaos.

Co 2-3 alcanzouse o descanso e na segunda parte idéntico guión con dous equipos ofrecendo un bo espectáculo deportivo. E como a salsa son os goles, Miguelín tirou de galóns para establecer un novo empate (3-3) e acto seguido Chano devolveu o golpe situando o 3-4, minuto 28. Sen tregua para coller osíxeno, reaccionaron os murcianos co gol de Adri que levaba de novo as táboas ao marcador (4-4), minuto 30. Tras varias escaramuzas en ambas trincheras abordouse o tramo final coas espadas en todo o alto. Os murcianos apostaron por xogo de cinco e a punto estivo o Burela Pescados Rubén de sacar tallada pero non aproveitou a súa oportunidade e no minuto final Álex marcou o tanto da vitoria (5-4) dun vistoso e trepidante encontro.

21 de febreiro de 2015 | 20:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.