O Auditorio de Ferrol acollerá o espectáculo musical “Eterno Camarón” o sábado 21

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

O espectáculo musical “Eterno Camarón” chega o vindeiro sábado, día 21, ao Auditorio de Ferrol dentro da programación escénica elaborada pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado. A función dará comezo ás 20:00 horas e as entradas poden ser adquiridas a través da páxina web: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural) ou no despacho do Teatro Jofre.

“Eterno Camarón” chega a Ferrol cun espectáculo musical que rememora a figura do maestro do flamenco. A biografía de Camarón é a base do guión, autorizado pola familia do artista, que cedeu en exclusiva os seus dereitos de imaxe para esta función. Nunha tranquila praia da illa de San Fernando uns nenos xogan. Anos máis tarde este neno verase convertido no centro musical do flamenco, unha estrela internacional, grazas á súa descarnada voz, ao seu afinado oído, ao seu innato “duende” e á súa transgresora forma de entender a arte flamenca.

18 de febreiro de 2015 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.