O asfaltado da rotonda da Luz Salgada levarase a cabo mañá
A coordinación entre obras de distintas administracións ponse en práctica de novo mañá co obxecto de concentrar os cortes de tráfico nun mesmo período para serrar menos molestias aos usuarios. Por esta razón, aproveitando as medidas e desvíos anunciados polo Concello para a remodelación do saneamento en Juan Carlos I, tamén mañá se procederá ao asfaltado das vías que bordean a rotonda da Luz Salgada.
Esta última actuación forma parte do remate da primeira fase da nova canalización do regato de Rodrigo de Mendoza que executa Augas de Galicia. O primeiro tramo da condución soterrada xa está completado polo que agora toca repoñer o firme.
A empresa adxudicataria doas obras, Arias Hermanos, procedeu durante a xornada de hoxe ao asfaltado da vía que da acceso aos supermercados da Florida, polo que mañá pasará a facer outro tanto nos viais de redor da rotonda da Luz Salgada. Neste caso, por tratarse dun vial principal cunha intensidade de tráfico moi elevada, primeiro fresarase a zona e logo botarase o asfalto para garantir o correcto estado da calzada.
As sinalizacións e avisos aos vehículos ampliaranse á zona de Rodrigo de Mendoza e a glorieta de Larsa para advertir aos condutores, completando así a sinalización dos desvíos e advertencias relacionadas coa obra de Juan Carlos I.











