O arquivo municipal de Cangas a un click dos cidadáns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O Concello de Cangas pon en marcha a través dos servizos de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra o proxecto de dixitalización do patrimonio documental do Concello, en consonancia coa política de acercamento aos cidadáns promovida pola institución provincial no marco da depoTIC “ a tecnoloxía nas túas mans”, que conta con diferentes actuacións entre as que se atopa a creación dun centro de coñecemento avanzado para a explotación do patrimonio documental e bibliográfico.

Este proxecto que aposta pola difusión dos fondos documentais (expedientes de división territorial, libros de actas de Plenos, Xuntas de Goberno, heráldica municipal, bandos e edictos, así como expedientes de desafectación ou deslindes) dos concellos a través do emprego das novas tecnoloxías redundará nunha maior comodidade e axilidade no acceso á información para todos os cidadáns, na posibilidade de reproducir documentos e na mellor conservación destes.

A dixitalización destes fondos están cofinanciados nun 70% por fondos FEDER. Para a súa posta en marcha a Deputación contará con escáneres cenitais, considerados de última xeneración, que garanten un resultado de máxima calidade. Os traballos levaránse a cabo nas propias instalacións municipais nun primeiro contacto para a examinación da documentación, selección e posterior dixitalización. Este sistema complementarase cun sistema de difusión en internet que permitirá a almacenaxe nun novo sistema instalado recentemente no CPD da Deputación de Pontevedra que dispón de máis de 400 terabytes de capacidade para a posta en marcha deste proxecto.

18 de febreiro de 2015 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.