O alcalde de Ferrol entrega ás entidades de mulleres un recordo da participación na Axenda da Muller

Entrega de carteis
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, e a concelleira de Igualdade e Xuventude, Verónica Casal Míguez, entregaron esta mañá ás entidades de mulleres un recordo da súa participación na Axenda da Muller de 2015. O acto tivo lugar na Casa da Muller e contou coa presenza de representantes das doce entidades colaboradoras: Asociación Rural de Mulleres Emprendedoras Arume; Asociación de Mulleres Rurais “Río de D´Aneiro” de Esmelle; Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de Ferrol; Asociación de Mulleres Rurais de Doniños; Asociación de Mulleres de Caranza; Asociación de Mulleres Amizade de Santa Mariña; Asociación da Loita Contra os Malos Tratos (ALMAT); Asociación de viúvas; Asociación de Mulleres de El Pilar; Irmás Oblatas do Santísimo Redentor; Patronato Concepción Arenal; e Acadar.
Así as cousas, o primeiro edil da cidade entregoulles a cada unha das entidades un cartel coa frase que aportaron á Axenda da Muller para o presente ano para que poidan expoñela no seu local. Algunhas das reflexións que se plasmaron no anuario foron “La sociedad no puede en justicia prohibir el ejercicio honrado de sus facultades a la mitad del género humano”, “No hay barrera, cerradura ni cerrojo que puedas imponer a la libertad de mi mente” ou “Si todas las puertas se les cierran, yo les abriré una”.











