O alcalde da Coruña reúnese coa directiva da Real Academia Galega de Belas Artes

O alcalde da Coruña xunto á directiva
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira recibiu a directiva da Real Academia Galega de Belas Artes. No transcurso do encontro, ao que tamén acudiu o tenente de alcalde de Cultura, Ana Fernández, púxose sobre a mesa a posibilidade de colaborar tanto na programación de actividades coma na mellora das instalacións.
Ademais, por parte do Concello, presentouse á directiva da institución o Proxecto Cidea co obxectivo de que a Real Academia participe nesta iniciativa na que terán un importante papel todos os profesionais do mundo das artes.











