‘O AbeZOOdario’ chega á Biblioteca de Verín
O vindeiro venres 27 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘O AbeZOOdario’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre historias de animais e como manualidade unha bolboreta de goma eva -os/as participantes deberán traer unha goma eva, de tamaño A-4, en color rechamante-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624.











