O 12 de febreiro finaliza o prazo para inscribirse no concurso de Entroido de Curtis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

Este xoves, día 12, finaliza o prazo para inscribirse no concurso de disfraces de Entroido 2015 que se celebrará en Curtis e en Teixeiro o próximo martes 17 de febreiro, festivo local. Para participar no certame é obrigatorio esta inscrición previa, que poderá formalizarse na casa consistorial ou nas oficinas municipais de Curtis.

O municipio celebrará a súa gran festa de Entroido no salón de actos do Recinto Feiral de Curtis e no Pavillón Municipal de Teixeiro, en ambos os dous núcleos a partir das 17.00 horas. Ademais do desfile, ese día organizaranse outras actividades como talleres de maquillaxe e globoflexia.

O Concello curtiense repartirá entre os participantes un total de 1.700 euros en premios, que serán vales de compra que poderán cambiar nos establecementos do municipio, tanto en comercios coma en locais de hostalaría.

As bases do concurso (dispoñibles no Concello e na web municipal), establece a participación diferenciada para menores de 16 anos e para maiores desa idade, con premios para os grupos e para os disfraces individuais

10 de febreiro de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.