Nova edición de OciOurense con 18 propostas lúdicas para a mocidade ourensá durante as fins de semana
A Concellería de Saúde do Concello de Ourense organiza unha nova edición de OciOurense, o programa de actividades saudables para o tempo de lecer da mocidade ourensá durante as fins de semana.
A concelleira de Saúde, Marga Martín e o/as técnico/as da Concellería de Saúde Paz Villar e César Fernández, presentaron o programa deste ano, que pón á disposición de mozos e mozas de Ourense un total de 18 actividades, que se desenvolverán dende o venres, 6 de marzo ata a sábado, 30 e o domingo, 31 de maio, cando se realizarán as dúas derradeiras actividades: Rol en vivo e Andaina.
O programa está organizado pola Concellería de Saúde do Concello de Ourense coa colaboración do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
As actividades están dirixidas a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos. As persoas interesadas poden inscribirse desde hoxe a través da páxina web ociourense@ociourense.es, na trúa Concordia, 20, 988 510622.
O programa de OciOurense 2015 inclúe as seguintes propostas: BTT, Piragüismo, Escalada, Parkour, Buceo, A bailar, A cociñar, Foto en ruta, Sábados de cine, Camiñar na noite, Xogos de sempre, Globoflexia, Cócteles sen alcohol, Maxia para ligar, Concurso de cócteles, Rol en vivo, Andaina e Caza foto. O programa divídese en 3 bloques: bloque 1, dende o 6 ata o 28 de marzo, bloque 2, do 10 de abril ao 2 de maio e Bloque 3, do 8 ata o 31.
Unha das novidades deste ano é a actividade “Sábados de cine”, con proxeccións de 6 películas, na Biblioteca Pública de Ourense, os sábados, cada 15 días, ás 18:00 horas. As sesións serán:
14 de marzo: Deixade de quererme (Jean Becker, 2008, 85 min., Francia).
28 de marzo: Brutos, feos e malos (Ettore Scola, 1976, 115 min., Italia)
11 de abril: Corme, dorme e morre (Gabriela Pichler, 2012, Suecia)
25 de abril: Mundo pequeno (Marcel Barrena, 2012, 83 min., España)
9 de maio: Crazy (Jean-Marc Vallée, 2005, 127 min., Canadá)
23 de maio: Uno dos nosos (Martin Scorsese, 1990, 146 minutos, EE UU)











