Nigrán acolle un torneo solidario de tenis
O Club de Tenis Nigrán, en colaboración co Concello de Nigrán, organiza o próximo sábado 14 de febreiro un torneo de tenis solidario, nas instalacións municipais Dunas de Gaifar en Panxón. O prezo de inscrición serán alimentos non perecedoiros, un quilogramo no caso dos socios do Club de Tenis Nigrán e dous quilogramos para os non socios, que serán doados ao fondo municipal de alimentos do concello. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través da páxina web www.ctnigran.com ou no teléfono 626 448 191.











