publicidade hoxe

Neda recibe unha axuda de 1.660 euros para a adquisición de novos libros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda procederá á adquisición de novos libros grazas á concesión dunha achega de 1.660 euros procedentes da Consellería de Cultura da Xunta. Exemplares que aumentarán a oferta da Biblioteca Municipal de Neda, un dos referentes culturais da comarca e un dos primeiros centros de lectura municipais. Así, a edil de área, Eva Lomo, avanza que as futuras adquisicións se basearán nos gustos e peticións trasladados polos propios lectores da Biblioteca a través da iniciativa “Libros á carta”, que promove o centro dende hai uns anos para coñecer as súas preferencias.

Novidades, moita novela, libro en galego e con especial atención ao público infantil e xuvenil marcarán así as pautas dos libros que mercará o Concello.

11 de febreiro de 2015 | 11:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.