publicidade hoxe

Neda proxecta a posta en marcha dun servizo de asesoramento a emprendedores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda quere apoiar o emprendemento no municipio e, por isto, o concelleiro de Traballo, José Manuel Gradaílle, anunciou que porá en marcha un servizo de asesoramento gratuíto para os veciños e veciñas. Posta en marcha que supedita á posible demanda. Así as cousas, Gradaílle informa de que, dende o día de hoxe e ata finais de mes, o Concello abre un prazo para que os emprendedores interesados se poñan en contacto e soliciten a súa participación no programa.

O citado servizo de asesoramento vai dirixido a aqueles emprendedores que teñan unha idea e se planteen materializala nun negocio; a aqueles que desexen ampliar ou diversificar a súa actividade ou, ben, para aqueles que xa conten cun negocio e proxecten reciclalo.

Así, o edil apunta que a petición do servizo pode realizarse presencialmente na primeira pranta da casa consistorial (técnico de desenvolvemento local) ou ben por teléfono no número 981 38 00 39 (ext. 4).

6 de febreiro de 2015 | 11:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.