publicidade hoxe

Neda promove a creación dunha comisión cidadá para organizar o próximo Mercado Medieval

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A concelleira de Promoción Turística de Neda, Montse Rico, explicou esta mañá que a real vila acollerá o seu Mercado Medieval os días 17, 18 e 19 de abril. Será a cuarta edición dun evento que, en anteriores convocatorias, tivo moi boa acollida entre veciños e visitantes.

Nesta ocasión, Montse Rico avanzou que o Concello quere potenciar aínda máis a participación dos veciños e veciñas de Neda e, con ese espíritu, a Concellería de Promoción Turística proponse a creación dunha Comisión cidadá que se implique na organización do evento. Dende a decoración das rúas do casco histórico ata a confección da vestimenta típica da época, pasando pola participación no desfile ou as accións a pé de rúa e a proposición de ideas.

Así, a edil indicou que en próximas datas, o Concello remitirá dita proposta por correo postal a entidades, asociacións, comercio e hostelería. Así mesmo, as persoas interesadas en colaborar nesta cita poderán comunicalo no propio Concello. Hai dúas vías: a través do correo electrónico (alcaldía@neda.es) ou a través do teléfono (981 38 00 39).

4 de febreiro de 2015 | 11:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.