Mos mellorará cunha subvención da Deputación a seguridade vial en A Rans

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A alcaldesa de Mos informou hoxe sobre a concesión ó Concello por parte da Deputación Provincial de Pontevedra dunha subvención de preto de 220.00 euros para a financiación de investimentos durante o presente ano.

Concretamente trátase dunha axuda do PPOS 2015 (Plan Provincial de Obras e Servizos) ó que poden acceder os concellos pontevedreses cunha poboación de entre 1.000 e 50.000 habitantes, tal é o caso de Mos cunha poboación que supera os 15.000 veciños. A rexedora local especificou a este respecto que a cantidade exacta que lle foi concedida ó Concello mosense con cargo ó devandito plan ascende a 219.590,13 euros e será investida na acometida de cinco obras: unha de mellora da seguridade vial e catro de mellora da pavimentacións en viais, distrubuídas en tres proxectos diferentes.

Coa realización destes cinco novos traballos o Concello de Mos continúa co programa de recuperación de estradas que iniciou fai xa dos anos, no 2013, e a través do que se arranxaron xa un total de 25 viais da localidade mosense. Neste sentido Nidia Arévalo declarou que “tras ter acadado prácticamente o saneamento integral no municipio, a prioridade agora para o equipo de goberno local é a optimización de viais, que representa una constante demanda veciñal e unha necesidade primordial a día de hoxe no Concello de Mos”.

O primeiro proxecto dos tres a realizar con cargo ó PPOS 2015 e o de maior relevancia, segundo apuntou Arévalo, por tratarse dunha importante optimización dunha concorrida e moi habitada zona urbana na parroquia de Tameiga, é o que leva por título “Mellora da seguridade vial na rúa Rans e o seu enlace coa autovía A-55, parroquia de Tameiga” e que conta cun orzamento de 70.325,14 euros.

Esta obra contempla actuacións de rehabilitación do firme da estrada e outras complementarias que mellorarán a seguridade vial, a ordenación do tráfico no nudo de A Rans e a sinalización. Para elo construirase unha nova isleta coa misma ubicación da xa existente e levarase a cabo a acometida da nova sinalización horizontal (mediante marcas viais) e vertical do nudo.

O segundo dos proxectos incluído no PPOS 2015 é o de “Mellora da pavimentación en viais da parroquia de Petelos. Camiños da Serra da Auga e Santa Ana de Veigadaña e Camiño das Presas” e investiranse no asfaltado destes tres camiños un total de 70.243,21 euros.

E por último, o terceiro proxecto é o de “Mellora da pavimentación da Estrada Generoso Domínguez. Parroquia de Cela”, cun orzamento de 79.021,78 euros e cuxa realización xa fora anunciada pola alcaldesa e os concelleiros Alberto Méndez e Cándido Pérez o pasado Nadal. Unha parte da Estrada Generoso Domínguez xa tivera que ser reparada por mor dun afundimento do firme da mesma causado polos temporais acontecidos o pasado inverno, reparación que foi financiada tamén íntegramente pola Deputación de Pontevedra a través dunha liña de subvencións urxentes da que a administración provincial dispón en casos de catástrofes naturais.

Pois ben, para dar continuidade a esa obra, seguirase no presente 2015 coa mellora deste novo tramo desta estrada, que constitúe un dos principais viais municipais que rexistra un dos maiores índices de tránsito rodado. É unha infraestructura de vital relevancia para as comunicacións viarias dos veciños de Cela en particular e de Mos en xeral. Os traballos a realizar consistirán na rehabilitación superficial do firme dun tramo duns 1.340 metros de lonxitude do vial municipal Generoso Domínguez, que inclúe o recrecido do pavimento con 5 centímetros de mezcla bituminosa en quente, limpeza e desbroce de marxes e levantado de tapas.

A Estrada Generoso Domínguez pasa polas parroquias de Tameiga e Cela, e o novo tramo que se vai optimizar este ano atópase ubicado na parroquia de Cela, concretamente no Barrio do Coto, que é a zona deste vial na que o asfalto se atopa máis deteriorado.

 

6 de febreiro de 2015 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.