Mellora da seguridade vial nos barrios de Comboa e Romariz en Soutomaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

O Concello de Soutomaior está a levar a cabo unha serie de actuacións para mellorar a seguridade vial nos barrios de Comboa e Romariz. Os traballos consideran a construción de dous muros de contención que permitan a ampliación de dúas estradas nos devanditos barrios que contan cun gran tránsito rodado.

Estes traballos supoñerán unha ampliación de ao redor de 200 metros cadrados na calzada o que repercutirá en carrís máis anchos e seguros para todos os usuarios destes viais.

Tamén se aproveitará a actuación para renovar o sistema de evacuación de augas pluviais existentes para que queden fóra do ámbito da rodadura da calzada”.

17 de febreiro de 2015 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.