publicidade hoxe

Medio millar de persoas integran as sete comparsas de Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

A tradición do Entroido goza de moi boa saúde en Tomiño. Cada vez son máis as persoas que participan nesta festa repartidos en distintos grupos. O Venres de Foliada é o primeiro dos desfiles celebrados na zona e un dos máis multitudinarios da comarca. Nesta edición 2015, celebrada o venres 13 de febreiro, participaron máis de 420 persoas distribuídas en sete comparsas.

Unha das máis antigas é “Estrelas da Noite”, con 82 compoñentes, colleitou premios de grande envergadura  nos desfiles das principais cidades galegas, como os dous 1º premios que obtivo na Coruña (Mellor Comparsa e Mellor Carroza); e os 1º premios na categoría de comparsa, en Santiago de Compostela e Caminha (Portugal). Tamén foron convidados aos desfiles de Ourense, Noia e Vilanova de Arousa, onde son xa grandes coñecidos.

É de salientar tamén o caso da comparsa máis nova de Tomiño, “Ciklón” que coa súa comparsa “África” (62 compoñentes), asistiu non só ao desfile de Tomiño, senón tamén aos do Rosal e Ames (logrando un 2º premio en ambos os casos), Mos, Gondomar, Ribadavia e Caminha, e concorren tamén aos de Nigrán, Arcade, Pontevedra, Sanxenxo, Oia, etc.

Destacados papeis tamén os das restantes grupo se comparsas tomiñesas, como Revolución Show (81 compoñentes); 2º premio en Redondela e 3º en Ames; Asociación Alecrín de Carregal, con “Viaxando por USA” (81 compoñentes); AA.VV Pinzás, con “O Noso Circo” (68 compoñentes); Asociación Cultural Val do Cereixo. Os Terribles de Tebra. Air Tebra (62 compoñentes) e 2º premio no Rosal; e Luces de Tomiño, con 52 compoñentes, logrou un 1º premio en carrozas e un 3º en grupos, en O Rosal; outro 3º en Caminha, e un 5º en Tui, quedando pendentes varios desfiles máis.

A Concelleira de Cultura, Cristina Martínez, quere facer chegar os seus parabéns a todos e cada un dos grupos tomiñeses pola súa entrega e traballo, así coma por levar o nome de Tomiño por Galicia e Portugal.

23 de febreiro de 2015 | 13:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.