publicidade hoxe

Medio Ambiente inicia a mellora da drenaxe na estrada Vigo-Tui (PO-552) ao seu paso por Oia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOiaPontevedra
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas inicia hoxe unha actuación que incrementará a capacidade da obra de drenaxe existente no punto quilométrico 30+500 da estrada Vigo-Tui (PO-552), ao seu paso polo Concello de Oia. Neste punto existe unha canalización de drenaxe transversal que rexistra frecuentes problemas de obstrución, debido á insuficiente capacidade da canle en momentos de chuvias intensas.

A obra de drenaxe canaliza o río Seco, no que se producen importantes arrastres de sedimentos, atopándose na actualidade a capacidade hidráulica da obra de drenaxe moi mermada pola presenza de pedras de grande tamaño no seu interior. Isto provoca que ante un episodio de choivas moderadas a auga reborde e discorra por encima da estrada.

As obras que acomete a Axencia Galega de Infraestruturas consisten na limpeza da canalización actual, retirando as pedras que actualmente están a mermar de xeito considerable a súa capacidade hidráulica. A actuación complementarase coa colocación dunha nova tubaxe de 1.200 mm de diámetro en paralelo á actual, que permitirá incrementar a capacidade do sistema de evacuación de augas de drenaxe e evitar no posible novas situacións de taponamento, ao dispor de dúas canalización para evacuación de augas.

Ambas conducións finalizarán nunha arqueta de reparto de nova construción que permitiría a súa conexión co colector existente de saída que discorre baixo unha estación de servizo.

O investimento para executar esta actuación é de 12.000 euros, que investirá a Axencia Galega de Infraestruturas, e estarán rematadas este mesmo mes de febreiro. Para a execución dos traballos será necesario realizar cortes alternativos de tráfico que estarán debidamente sinalizados.

Cómpre indicar que paralelamente, Augas de Galicia e a Axencia Galega de Infraestruturas traballan conxuntamente na redacción dun proxecto construtivo para solucionar definitivamente esta situación, que inclúe a recuperación do dominio público hidráulico e a adopción de medidas para reducir os importantes arrastres de sedimentos que se producen na cunca de aportación e pola presenza de construcións

4 de febreiro de 2015 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.