publicidade hoxe

Medio Ambiente entrega a estación depuradora ao Concello das Pontes que contribúe a mellorar a calidade das augas do río Eume

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAs PontesLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas entrega ao Concello das Pontes de García Rodríguez a estación depuradora de augas residuais, polo que a Administración local será a partir de agora o responsable da súa explotación, mantemento e conservación.

Esta actuación, executada por Augas de Galicia, foi rematada no ano 2012 e durante este tempo a Xunta asumiu a súa explotación.

Esta actuación hidráulica, que implicou un investimento de máis de 4 millóns de euros, contribuirá a mellorar a calidade das augas do Río Eume, ao tempo que mellorarán o sistema de saneamento deste concello.

Trátase dunha depuradora biolóxica de lodos activados mediante sistema de aireación prolongada con eliminación de nitróxeno e fósforo, estabilización e deshidratación de lodos e desinfección por raios UV-C. A poboación beneficiada por esta depuradora son os preto de 20.000 habitantes do Concello das Pontes e a súa área de influencia.

Este proxecto hidráulico implicou a disposición de 1.872 metros de colectores e 1.253 de impulsións. Ademais, constan tres unidades de bombeo e un tanque de tormentas.

Na estación depuradora existe unha liña de auga na que se realiza o tratamento primario mediante bombeo de entrada, tamiz de desbaste e desareador; e o tratamento terciario coa desinfección por raios UV-C. A EDAR tamén conta cunha liña de lodos na que se bombean e deshidratan os mesmos.

No seguinte plano apréciase o funcionamento desta estación depuradora de augas residuais que dará servizo ao Concello das Pontes.

11 de febreiro de 2015 | 12:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.