publicidade hoxe

Master class de zumba solidaria en Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPonte Caldelas
A-
A+
Presentación da master class de zumba

Presentación da master class de zumba

O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, asistiu á presentación da Máster Class Benéfica de Zumba que terá lugar mañá sábado no Pavillón Municipal de 18 a 21 horas e na que participarán instrutores de Pontevedra e A Coruña, así como o convidado especial, David Díaz.

O público que desexe presenciar esta demostración de música, deporte e baile terá que entregar un quilo de alimento non perecedoiro como pagamento de entrada ao recinto deportivo. Os alimentos recollidos serán doados a institucións benéficas para que poidan ser distribuídos entre persoas en situación de emerxencia social.

O ximnasio Xparta de Ponte Caldelas, promotores da actividade, destacaron a importancia do evento dende o punto de vista lúdico xa que contará cos principais instrutores desta disciplina deportivo-musical das provincias de Pontevedra e A Coruña ao tempo que o espectáculo axudará a fomentar a práctica deportiva dos asistentes.

Pola súa banda, o alcalde de Ponte Caldelas, agradeceu aos promotores deste evento o seu sentido solidario e o feito de que pensasen neste municipio para desenvolver esta actividade ao tempo que recordou que permitirá que o pavillón poida servir, unha vez máis, de lugar de encontro para os que practican deporte, os que promoven actividades no noso municipio e o público en xeral que ten nesta renovada instalación un lugar extraordinario para a práctica activa do deporte, como o veñen facendo dende hai ano e medio as decenas de mozos que están nas escolas deportivas de taekwondo, tenis ou ximnasia rítmica, así como aquelas persoas que usan estas instalacións, profusamente, dende a súa inauguración”.

O rexedor tamén se referiu ao referente que está a supoñer ultimamente o pavillón municipal de deportes de Ponte Caldelas na bisbarra “onde en poucos meses foi o escenario escollido para celebrar unha exhibición provincial, multitudinaria, de taekwondo, outra de ximnasia rítmica, acrobática e trampolín ou como espazo de uso versátil ao albergar con éxito a Feira de Oportunidades do Verdugo organizada pola Asociación de Comerciantes, Coempo,” sinalou Perfecto Rodríguez quen tamén animou a todo o mundo, “colectivos, asociacións e persoas a título individual a usar, con orde e previa solicitude, as instalacións deportivas das que dispón o municipio que, tendo ao pavillón como buque insignia, tamén dispón de pistas de tenis de uso gratuíto en Chan da Barcia ou xunto ao parque industrial da Reigosa, así como toda unha serie de parques biosaludables instalados nos principais núcleos rurais que facilitan tamén a práctica deportiva non só a mozos senón tamén a maiores”, concluíu Perfecto Rodríguez.

27 de febreiro de 2015 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.