Martes de Entroido en Verín
Mañá 17 de febreiro, bombas de palenque e pasarrúas matinais coa música de charangas. Ás 16.30 horas, concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns no Barrio de San Roque, para media hora máis tarde, dar comezo ao Gran Desfile, que realizará o mesmo percorrido que o domingo (Luis Espada, Alameda e as prazas da Alameda e García Barbón).
Todo iso amenizado polas charangas Támega, Vakapinta, CBD e Ideal, que actuarán durante o día, o Folión do Tameirón e a Banda de Gaitas do Concello de Verín. A festa continuará, a modo de despedida, e ata que o corpo aguante, nas prazas Maior e García Barbón coa actuación da orquestra Palladium e o grupo Aché.
O mércores 18 de febreiro, Mércores de Cinza, as dependencias municipais permanecerán pechadas ao ser festivo local.











