Manolo Vázquez e Manuel María comentan as súas impresións antes de enfrontarse ao Inter Movistar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Esta tarde celebrouse a rolda de prensa previa ao partido que este sábado (18:00 horas- Pavillón Municipal) enfrontará ao Prone Lugo ante o Inter Movistar, nela interviñeron o técnico Manolo Vázquez e o xogador Manuel María.

Declaracións:

Manuel María: “ Intentamos competir partido tras partido. Queremos demostrar que traballamos ben e que podemos estar en Primeira División, e mentres as matemáticas non digan o contrario imos loitar. O noso obxectivo inmediato é pasar a Tenerife. Inter marcha líder e vén aquí a defender o liderado, debemos non cometer erros e intentar competir para sacar algo. En Jumilla tivemos poucas rotacións, e non queremos romper a dinámica que tiñamos. Este sábado esperamos dar unha boa imaxe. Quédanos enfrontarnos aos tres cocos, ao final si non conseguimos a permanencia queremos lograr o maior número de vitorias, e gústanos competir.”

Manolo Vázquez: “Xa temos a todo o plantel, ata se incorporou Porto, onte daba gusto ver o adestramento, porque con xogadores trabállase mellor, hai máis competencia e hai o pique san. Ímonos coñecendo mellor e os xogadores xa teñen que ir definindo si queren estar aquí. Onte vendo o grupo vexo que si é un grupo que estea unido imos ter posibilidades no futuro próximo. En Jumilla estabamos moi xustos e eles tiveron a fortuna de meter os seus primeiros lanzamentos e puxéronnos o partido moi costa arriba. Estamos en fase de consolidar o traballo colectivo e que o xogador déase conta da responsabilidade individual que ten. Enfronteime catro veces a Inter e gañei en tres, a ver si de cinco enfrontamentos gañamos catro. O máis importante é competir nos duelos individuais e seguir crecendo. O duelo con Burela vai ser un partido bonito para o xogador e para a afección, ese partido serve de motivación para o grupo. Queremos seguir crecendo, porque o que fagamos agora será importante para o ano que vén. Os rapaces son xoves e hai que reorientalos e fixarlles os obxetivos, e para poder xogar en Primeira División hai que ter uns obxectivos cada minuto. Eu vou apoiar a todos os rapaces, pero sen regalarlles nada. Contra Inter vai empezar Illi, si Óscar segue traballando ben xogará no Palau, e no derbi o que mellor estea. Non quero mirar a clasificación, quero mirar os detalles para deixar asentadas unhas bases sólidas. O obxectivo é gañar o maior número de partidos e pasar a Tenerife, porque poden pasar moitas cousas, e non vale a pena mirar ao seguinte mentres non pasemos a Tenerife, os xogadores fíxanse no día a día e en que crecen e en que poden competir.”

19 de febreiro de 2015 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.