Máis de 30 atletas da Sociedade Ximnástica compiten na xornada de menores en Vilagarcía
Boas actuacións dos alumnos da Escola Municipal de Atletismo, no Trofeo Cefrico que se desenvolvemento nas instalacións municipais de atletismo de Vilgarcía.
Destacar a Jorge Piñeiro que gañou a súa serie de 50 metros benxamín e foi terceiro no salto de lonxitude. Antón Martínez e Juan Carlos Pérez, tamén se impuxeron nas súas respectivas series de 60 metros infantil.
Nos 60 metros valos Pablo Boleas foi segundo e o seu irmán Yago, terceiro; aínda que Yago despois foi terceiro no lanzamento de peso.
Brais García foi terceiro na altura benxamín e Marcos Villaverde segundo na categoría infantil.
En canto ás rapazas, Xainza Calvo e Lucía Dios, impuxéronse na súa serie dos 60 metros alevín. Carolina Santos gañou a carreira de 500 metros alevín e Mercedes Barragáns foi terceira na categoría benxamín, mentres que Blanca Armenteros tamén foi terceira na carreira infantil.
Mara Abreu repetiu outro terceiro posto para a Ximnástica no lanzamento de peso alevín.
En Santiago de Compostela gozouse doutra xornada intensa de atletismo, á que acudiron algúns dos atletas da Ximnástica que non estiveron no galego absoluto de atletismo.
As rapazas pontevedresas foron as que conseguiron máis triunfos; Irene Piñeiro que gañou a proba de valos feminina; María Martínez, gañadora do lanzamento de peso e Verónica Echeverría impúxose no lanzamento de xavelina.
Destacar tamén a Marta Burés, segunda no lanzamento de xavelina cadete, mentres que Claudia Puig foi terceira na categoría xuvenil; Alesandra Campo, terceira no salto de altura; En canto aos rapaces, Pedro Bastos foi segundo no lanzamento de peso xuvenil.
Burgos celebrou o seu Campionato Provincial coa presenza de Alejandro Otón que participou nos 60 metros lisos e 60 metros valos, na carreira lisa fixo uns discretos 7.50; pero na súa especialidade, os valos, mellorou a súa marca da tempada con 8.50.











