Máis de 23.000 persoas visitaron a exposición solidaria Vidas Entrecruzadas do Museo Municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Esta mañá tivo lugar a roda de prensa sobre a valoración do proxecto solidario Vidas Entrecruzadas, mostra que estivo exposta no Museo Municipal durante todo o ano pasado. A obra, iniciativa do artista Xosé Lois Carreira, xunto coa colaboración literaria de Iñaki Aranzábal, consistía en esculturas e cadros que cada mes abordaban unha temática.

O éxito desta iniciativa ven confirmado pola cifra de visitantes, un total de 23.935 persoas que pasaron polo Museo. A finalidade de Vidas Entrecruzadas é recaudar fondos para Médicos Sen Fronteiras, xunto coa da divulgación de relatos, de momentos transcendentais da humanidade con temas controvertidos, sempre cun tratamento e desenvolvemento do conflito que procura enriquecer e fomentar o pensamento crítico.

O Museo Municipal de Ourense foi a primeira parada deste proxecto Vidas Entrecruzadas, que visitará outras cidades coma Eibar.

27 de febreiro de 2015 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.