Máis de 150 estudantes participan no primeiro Torneo Municipal de Debate Escolar na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O concelleiro de Educación, Deportes e Xuventude, Francisco Mourelo, informou esta mañá sobre o desenvolvemento do primeiro Torneo Municipal de Debate Escolar, acompañado pola organizadora da iniciativa, Ana Formoso, e o xornalista e moderados da fase final do torneo, Manuel Campo Vidal.

“Hoxe recollemos os froitos dun excelente traballo que se realizou nos centros e que, esperamos, se repita o próximo ano porque a experiencia non puido ser máis enriquecedora para todos”, destacou Francisco Mourelo, quen recordou que participaron, nesta primeira edición da iniciativa, 31 equipos integrados por 155 alumnas e alumnos que estudan ESO e Bacharelato (de 12 a 18 anos) en 14 centros de educación secundaria da cidade: os institutos Monte das Moas y Menéndez Pidal Zalaeta; y los colegios Compañía de María, Maristas Cristo Rey, Padres Franciscanos, Liceo la Paz, Montegrande, Santo Domingo, Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús, Hogar de Santa Margarita, Rías Altas, la Grande Obra de Atocha, San Juan Bosco Salesianos, Peñarredonda.

“Dezaseis equipos chegaron hoxe ata aquí grazas a un traballo moi serio que os levou a cumprir con obxectivos como mellorar a lectura comprensiva por medio da análise da información; aprender a escoitar e ser asertivo; expresar oralmente e de forma axeitada o pensamento propio; practicar a capacidade argumentativa; adquirir fluidez oral e comunicación non verbal; traballar en equipo; e adquirir valores como o respecto e a tolerancia ante a discrepancia de ideas”, indicou Mourelo, quen destacou o carácter pioneiro da iniciativa.
Neste sentido, onte concluíu a fase preliminar que constou de varias roldas onde os equipos interviñeron en debates eliminatorios. Finalizada esta fase, os equipos ordenáronse segundo a puntuación obtida, clasificándose para a fase final -que se desenvolve durante a xornada de hoxe- dividida en oitavos, cuartos, semifinais e finais coa seguinte clasificación:

1.Colegio Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús 2.
2.Colegio Liceo La Paz 3.
3.Colegio Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús 1.
4.Colegio La Grande Obra de Atocha 2.
5.IES Monte das Moas 1.
6.IES Monte das Moas 2.
7.Colegio Hogar de Santa Margarita 3.
8.Colegio Plurilingüe Compañía de María.
9.Colegio de Fomento Peñarredonda 1.
10.Colegio Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús 3.
11.Colegio Hogar de Santa Margarita 2.
12.Colegio Maristas Cristo Rey 3.
13.Colegio Padres Franciscanos.
14.Colegio Santo Domingo 2.
15.Colegio San Juan Bosco Salesianos 1.
16.Colegio La Grande Obra de Atocha 3.

O concelleiro recordou a dinámica do torneo que xira en torno á pregunta: Determinan os hábitos actuais dos mozos o seu rendemento escolar?, cuestión á que fan fronte cada un dos grupos, formados por catro alumnos, podendo dispoñer dun quinto membro responsable da documentación que axude e fundamente a intervención dos oradores do seu equipo. Cada participante será libre de debater en calquera dos idiomas oficiais, galego ou castelán. A intención do título do debate é o de provocar nos alumnos unha mentalidade autocrítica respecto ao seu comportamento académico, máis alá das críticas clásicas sobre a eficacia do sistema educativo ou a motivación ou non dos profesores; á vez que reflexionan sobre o que realmente poñen da súa parte para obter os resultados que obteñen”, explicou Mourelo.

O concelleiro indicou que cada equipo investigará e preparará dúas propostas: unha a favor e outra en contra; e, antes de comezar o debate, sortearase a proposta que defenderá cada equipo. Todos os debates serán arbitrados e avaliados por xuíces expertos. Estes actuarán como moderadores valorando a intervención dos equipos cos seguintes criterios:

– Estrutura da comunicación oral.
– Busca e análise de información.
– Selección de fontes de información e de evidencias nas que se basea o razoamento.
– Modulación da voz, dicción e vocabulario.
– Uso de xestos, miradas e dominio do espazo.
– Elaboración de argumentos relevantes e rigorosos co tema.
– Capacidade e rapidez para o enfrontamento dialéctico.
– Traballo en equipo.

“A gran final desenvolverase a partir das 17.00 horas na Ágora e contará cun moderador de excepción: Manuel Campo Vidal, que ademais, mentres delibera o xurado, impartirá a charla Comunicar na aula, comunicar na vida”, destacou Mourelo.

24 de febreiro de 2015 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.