Mª Carmen Ures García e Miguel Vales Mallo incorpóranse ao equipo do BNG para gobernar Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

Mª Carmen Ures García, licenciada en Ciencias Políticas, e Miguel Vales Mallo, enxeñeiro agrónomo, súmanse ao equipo co que o BNG pretende gobernar os próximos catro anos en Carballo. As novas incorporacións figuran entre os 12 primeiros candidatos da lista nacionalista, entre os cales repiten todos os membros do actual goberno municipal, avalados polo bo traballo desenvolvido ao longo deste mandato malia gobernar en minoría.

A presentación dos doce candidatos cos que o BNG pretende acadar a súa primeira maioría absoluta tivo lugar hoxe nunha asemblea aberta celebrada no Pazo da Cultura, na que os veciños e veciñas asistentes presentaron tamén as súas propostas de cara á elaboración do programa de goberno para o período 2015-2019. EvencioFerrero Rodríguez, alcalde de Carballo dende o ano 2003, presentou a un equipo cohesionado no que se mesturan a experiencia dos concelleiros que veñen desempeñando tarefas de goberno nos últimos anos e o pulo que sempre supón a incorporación de xente nova para avanzar nas políticas de desenvolvemento do noso concello implementadas nos últimos anos.

A configuración do primeiro tramo da candidatura do BNG de Carballo para as eleccións municipais de maio quedaría, polo tanto, do seguinte xeito.

1. Evencio Ferrero Rodríguez. Alcalde de Carballo

2. Belén LendoiroEsmorís. Licenciada en Filosofía. Profesora do IES PargaPondal e Concelleira de Facenda, Patrimonio, Festas e Participación Veciñal.

3. Xosé Regueira Varela. Deputado Provincial e portavoz dos grupos provincial e municipal do BNG. Concelleiro de Promoción Económica, Xestión Municipal e Normalización Lingüística.

4. Milagres Lantes Seara. Concelleira delegada de Planificación e Desenvolvemento Urbano, Contratación, Feiras e Mercados.

5. Luis María Lamas Álvarez. Concelleiro de Obras, Servizos e Medio Rural.

6. María CarmenUres García. Licenciada en Ciencias Políticas. Forma parte do Consello Local do BNG sendo responsable de políticas da muller.

7. Miguel Vales Mallo. Enxeñeiro agrónomo. Veciño de Carballo.

8. Mª Mar EirísVillar. Ensinante con destino no IES PargaPondal. Concelleira de Educación e Cultura.

9. Marcos Trigo Facal. Licenciado en Educación Física. Concelleiro de Formación e Emprego, Deportes e Medio Ambiente

10. Mª Carmen Regueira Baldomir. Licenciada en Educación Física e Mestra. Actualmente é concelleira delegada de Terceira Idade e Sanidade.

11. Inés Rodríguez Muiño. Empresaria. Concelleira delegada de Igualdade e Benestar.

12. Daniel Pérez López. Avogado. Concelleiro delegado de Xuventude e Novas tecnoloxías.

6 de febreiro de 2015 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.