Lucho regresou á pista do Sar 10 meses despois

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Multiúsos Fontes do Sar foi escenario o pasado venres do regreso ás pistas de Luis López García, ‘Lucho’. O xogador do Santiago Futsal volveu á pista do Sar tras 10 meses de dura recuperación da lesión de xeonllo que sufriu en Marzo do pasado ano. O momento do regreso do xogador lucense era esperado por el, os seus compañeiros, corpo técnico e afección, que o recibiu cunha grande ovación cando quitou o peto de suplente e entrou na pista de novo.

Lucho volveu ás pistas, coa ilusión de volver de debutar” como este expresou, pero esta vez cun aliciente especial, o de portar o brazalete de capitán. O nove do conxunto dirixido de Santi Valladares foi elixido polos seus compañeiros o primeiro capitán do equipo antes de comezar a tempada e o venres estreou brazalete.

O xogador do Corgo dixo sentirse “moi contento despois de tanto tempo, e sobre todo por sentirme tan arroupado pola xente e polos meus compañeiros. O ambiente era moi bo e con tanta xente… sentía ansia por volver debutar. “

Lucho, que xogou case dez minutos no partido contra Prone Lugo, expresou a súa alegría polo regreso e as sensacións experimentadas “Entrei ao principio, na primeira parte, para coller sensacións. Na segunda xa me sentín moi cómodo e a medida que avanzaba o partido sentíame con máis confianza”.

En canto á situación do equipo, Lucho manifestou as súas ganas de seguir traballando e colaborando co equipo e os seus compañeiros “Espero seguir traballando para ir convocado nos partidos que quedan. Quero axudar o equipo a romper este refacho e afastarnos dos postos de abaixo. Esperamos que os resultados positivos cheguen este venres contra Uruguai Tenerife que é o máximo rival polo obxectivo da permanencia”.

3 de febreiro de 2015 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.