Lúa Piñeiro participará no Open de Alejandría esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Lúa Piñeiro (-67 quilogramos, Natural Sport Riveira) participará esta fin de semana (21 e 22 de febreiro) no Open de Alejandría, torneo G-!, puntuábel para o ránking mundial. A galega partía hoxe xunto ao resto da selección española en dirección a Alejandría (Exipto), onde terá lugar este importante torneo que reunirá as primeiras do ránking mundial, coma Francia ou Rusia, polo que será unha dura competición. A nosa representante saltará ao tapiz o domingo, coa firme intención de sumar puntos para o ránking mundial.

A taekwondista galega enfronta esta cita con moita ilusión, tralo título de campioa de España acadado a pasada fin de semana en Cartaxena, nunha emocionantísima final fronte a tamén galega Katya Calvar. Lúa ten por diante un complicado mes. A próxima semana participará no Open de Luxor (G-2), competición na que tamén estará presente Xián Silva (Mace Sport). E posteriormente competirá en Suiza e Holanda. Así, no prazo dun mes estarán en xogo 60 puntos para o ránking mundial.

19 de febreiro de 2015 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.