Louzán inspecciona traballos de saneamento e pavimentación en varias rúas e camiños de Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoioPontevedra
A-
A+
Louzán na visita ás obras de saneamento en Poio

Louzán na visita ás obras de saneamento en Poio

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, visitou hoxe as obras de ampliación de servizos de saneamento e pavimentacións levadas a cabo pola institución provincial en varios camiños e rúas das parroquias de San Salvador e San Xoán de Poio, cun investimento de 182.846 euros.

Na súa visita Louzán (acompañado polo alcalde de Poio, o voceiro do PP no Concello e a deputada Ana Isabel Vázquez) destacou que os traballos se acometeron en tres zonas nas que o saneamento “era moi necesario tendo en conta a densidade de poboación que estaba sen este tipo de servizos”.

O primeiro deles tivo lugar na rúa Ucha de Arriba, de 513 m de lonxitude. A obra de pavimentación e mellora do firme afectou a unha superficie de 2.033 m2.

O segundo traballo de pavimentación, mellora do firme e dotación de saneamentos foi no camiño Pereiro, de 549 m de lonxitude e unha superficie de pavimentación de 2.133 m2. E o terceiro, de idénticas características ó anterior, realizouse no camiño entre a avenida Peirao Besada e a avenida da Praia, de 113 m de longo e 452 m2 de actuación.

Nestas zonas a Deputación instalou canalizacións para o saneamento e para a recollida de augas pluviais, e pavimentou e mellorou o firme con recheo de balastro, aglomerado en quente e pavimento con formigón.

10 de febreiro de 2015 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.