Louzán e Nidia Arévalo acordan novas realizacións en Castro, Dornelas e na estrada Puxeiros-Rebullón
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitaron hoxe diversas obras realizadas no concello de Mos acompañados por diversos técnicos e mantiveron unha xuntanza para concretar diversas peticións que a alcaldesa realizou á institución provincial.
Entre estas demandas, figuran o asfaltado e acondicionamento do aparcamento do pavillón de Castro-Mos a través do Parque de Maquinaria provincial e a mellora da rúa Carballas (ou do Carteiro) en Dornelas.
Arévalo e Louzán definiron tamén cos técnicos as actuacións que se levarán a cabo na estrada Puxeiros-Rebullón na que a Deputación investirá perto de 300.000 euros.
Aparcamento frente ao Rebullón e límites de velocidade
Nese tramo, renovaráse a pavimentación, ampliaránse as beirarrús, dotaráse de sinalización e construiránse novos aparcamentos no contorno do Hospital do Rebullón dun ancho de 2,50 metros e cunha beirarrúa de 1,80. Na actuación, instalaránse 3 pasos elevados de peóns en Puxeiros, frente ao Colexio Lar e fronte ao propio Hospital.
Nidia Arévalo anunciou que o traballo incluirá a sustitución da actual rede de saneamento municipal nesta estrada na que, según informou Louzán, a velocidade do tráfico será limitada a 50 kilómetros por hora en zonas de travesías con beiravías e a 30 por hora en zonas urbanas.
Esta estrada Puxeiros-Rebullón presenta na actualidade diversas deficiencias, soporta unha elevada intensidade de tráfico e presenta áreas moi urbanizadas dende a glorieta de Puxeiros ata o Polígono Industrial do Rebullón. A mellora prevista pola Deputación será ao longo dun kilómetro.
Glorietas das Angustias e da Costilleta
Na súa visita a Mos, Louzán inspeccionou tamén as obras acometidas, cun presuposto de 118.000 euros, na Glorieta das Angustias, que enlaza a N-550 coa A-55 e cos viais que conducen ao centro urbán de Porriño e tén un ancho de calzada de 11,20 metros; e tamén na Glorieta da Costilleta que está nun plano inferior respecto á A-55 e enlaza esta autovía coa N-120, a PO-331 e cos viais de acceso ao centro urbán de Porriño, cun ancho de calzada de 9,50 metros.
A actuación realizada consisteu na pavimentación dun tramo da N-120 que conecta as dúas glorietas así como a limpeza e barrido de toda a superficie, marxes e cunetas, fresado do firme (2.951 m2), aglomerado e capa de rodadura (8.933 m2), recrecido dos sumidoiros (son 27) e repintado de toda a sinalización horizontal (unha superficie total de pintado de 220 metros cadrados).
Finalmente, a visita inclueu a inspección dos traballos realizados na rúa PInal, en Pereiras, e Cerqueirás, en Sanguiñeda, dentro do Plan de Obras e Servizos da institución provincial.











