Loquillo repasará no auditorio de Ferrol os seus grandes éxitos cun cheo absoluto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

Loquillo, ofrecerá este sábado 14 ás 20:30 horas no Auditorio de Ferrol un concerto repleto de grandes éxitos e novos temas musicais, dentro do ciclo “Son(S) de Ferrol” da Concellería de Cultura, que dirixe Manuel Reyes García Hurtado. A día de hoxe, catro días antes do espectáculo, as entradas están esgotadas polo que o Auditorio contará cun cheo absoluto.

O rei do rock español repasará os seus grandes éxitos ao longo de trinta anos de carreira musical e presentará algunhas novas cancións. Loquillo é un artista incombustible, astuto e un fuxido do convencional que soubo facer unha carreira sólida ao seu xeito, fixándose nos grandes e sen perder a súa personalidade. Incansable, xunto á súa banda de toda a vida, Os Trogloditas, ou en solitario, soubo renovarse sen conformarse cos laureles obtidos, arriscándose a novos tumbos, sen soltar o timón da súa propia vida. Sendo fiel a si mesmo.

10 de febreiro de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.