Loita olímpica e rugby no calendario deportivo da fin de semana en Compostela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Santiago ten para esta fin de semana un intenso calendario deportivo. Ao habitual calendario competitivo súmase este sábado o Campionato Galego de Loitas Olímpicas na categoría júnior e unha concentración das escolas galegas de rugby. O Pavillón do Restollal acollerá este sábado, 28 de febreiro, de 10:00 a 14:00 horas, o Campionato Galego de Loitas Olímpicas na categoría júnior, así coma a fase final da liga de deporte na categoría escolar. Uns 120 rapaces e rapazas entre 13 e 20 anos de toda Galicia participarán neste evento, clasificatorio para os campionatos españois de loitas.

Outro recinto municipal, o Campo de Santa Isabel será escenario, tamén este sábado, das escolas galegas de rugby. Está prevista a asistencia de máis de 200 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos.

Dividirase o terreo de xogo en catro campos, nos que se irán sucedendo os partidos segundo o regulamento do rugby gradual. Á conclusión da concentración, en torno ás 14:00 horas, celebrarase o partido da liga na categoría Sub-14 entre o PRC (Pontevedra) e o CRAT (a Coruña).

Na concentración participarán uns 12 nenos de Santiago e, no partido Sub-14, outros dous rapaces da Escola de Rugby de Santiago.

Ademais, o evento contará como invitado co xogador internacional Cesar Sempere, que realizará o saque de honra do partido Sub-14.

27 de febreiro de 2015 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.