Leo Harlem e Sergio Olalla inauguran o novo ciclo de monólogos en Ferrol
O novo ciclo de monólogos programado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, se inaugura este venres, día 6, coa actuación de Leo Harlem e Sergio Olalla. Os humoristas subiranse ás 21:30 horas ao Teatro Jofre para presentar o seu espectáculo #Trendingtronching. A día de hoxe, a falta de tres días para esta actuación, dos 556 asentos que conforma na capacidade do Jofre – incluídos os situados nos palcos- non quedan ningún dispoñible.
Leo Harlem volve a Ferrol despois do éxito acadado na súa anterior visita ao teatro municipal co espectáculo ¿Qué hay de nuevo?. Así, o venres día 6 presentará no Jofre o seu novo traballo acompañado polo humorista Sergio Olalla. #Trendingtronching é moito máis que un espectáculo de humor. É unha forma de ver e entender a vida que nos amosa a eterna loita entre o clásico e o moderno, o eterno e o pasaxeiro. Os humoristas faranos reflexionar sobre o que fumos, o que somos e o que podemos chegar a ser.
Próximo monólogo
Os espectáculos humorísticos continuarán o día 8 de marzo co monólogo “Cómicamente” de Sara Escudero, David Amor e Álex Clavijo.











