Julián Ortiz acumula boas sensacións cara ao nacional absoluto de pista cuberta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

O atleta da Sociedade Ximnástica, Julián Ortiz prepárase intensamente para o nacional absoluto. Nos Birmingham Games, correu os 60 metros valos en 7.91, moi preto dos 7.89 que fixo o ano pasado e que lle colocan terceiro do ranking nacional provisional. Unha forte garantía para defender a medalla de bronce que conseguiu en 2014.

Outros atletas da Sociedade Ximnástica, competiron intensamente nas últimas xornadas. En Vila Nova de Cerveira, Claudia Puig foi terceira no lanzamento de xavelina xuvenil con 29.22.

En Madrid, Eduardo Gallardo, correu os 400 metros en 49.87; o próximo domingo participará en Antequera, noutro 400, para intentar a marca mínima para o nacional absoluto.

Por último en Ourense, o xuvenil Fernando Rial, impúxose nos 800 metros e Cristina González a pesar de gañar os 1.500 metros, non puido conseguir a marca de cualificación para o nacional promesa; terá que esperar á tempada estival para intentalo de novo

11 de febreiro de 2015 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.