publicidade hoxe

José Ramón Gómez Besteiro abre mañá os Almorzos On/Off de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia-Ourense
A-
A+

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, estará nos ‘Almorzos On/Off’ de Ourense mañá, mércores 25 de febreiro. O almorzo celebrarase partir das 11:00 horas na Aula de Prensa do Centro Municipal José Ángel Valente (Rúa do Paseo, 20).

José Ramón Gómez Besteiro

Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Avogado de profesión, comezou a militar no PSdeG-PSOE aos 31 anos.

Concelleiro e portavoz do goberno socialista de Lugo entre 1999 e 2007, é presidente da Deputación de Lugo dende xullo de 2007, onde está a centrar seu traballo no emprego, a economía medioambiental, as novas tecnoloxías e a loita contra o despoboamento. Dende o organismo provincial creou unha rede pública de residencias e centros de día, a transferencia dos hospitais ao Sergas, a creación da UNED en Lugo, a construción dun centro de recría de gando e a posta en marcha dunha rede provincial de parques de bombeiros.

Secretario xeral da Agrupación de Lugo ata 2012, cando asumíu a secretaría provincial, e en setembro de 2013 foi elixido secretario xeral do PSdeG-PSOE no Congreso Extraordinaria, no que obtivo o 95 por cento dos votos, logo de vencer nas eleccións primarias do PSdeG-PSOE.

Almorzos ON/OFF

Con este encontro con José Ramón Gómez Besteiro, inícianse os ‘Almorzos On/Off’ na demarcación de Ourense. Os ‘Almorzos On/Off’ lévanse realizando desde febreiro de 2005, organizados polo CPXG en varias das súas demarcacións. Estes encontros cos xornalistas, que actualmente se realizan tamén en Santiago de Compostela, na Coruña e en Lugo, pretenden fomentar o diálogo e a análise da actualidade cos seus protagonistas.

O CPXG, entidade de dereito público creada pola lei 2/1999 do Parlamento de Galicia, suma máis de 1.100 colexiados repartidos entre as sete demarcacións coas que conta. Entre os seus obxectivos figura en lugar destacado afondar na mellora das condicións nas que os xornalistas levan a cabo o seu traballo, a defensa profesional dos seus membros e a garantía de independencia e liberdade informativa en beneficio da sociedade galega.

24 de febreiro de 2015 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.