Inaugúrase en Porto do Son a exposición de fotografía “Introvisións”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPorto do Son
A-
A+
Inauguración de "Introvisións"

Inauguración de “Introvisións”

Hoxe inaugurouse a exposición de fotografía “Introvisións” e ao concello comprácelle especialmente porque presentamos un gran traballo realizado con moita ilusión e dedicación por parte do equipo docente e dos alumnos do ciclo de fotografía do IES Virxe do Mar, no que participaron ademais varios alumnos que son veciños do concello.

A mostra reúne 44 imaxes que forman parte do proxecto de fin de curso do ciclo de fotografía que se imparte no IES Virxe do Mar de Noia. Trátase dun gran traballo, porque non se límita únicamente a mostrarnos unha serie de fotografías de gran calidade, senón que ademais pretende contarnos a través delas as inquedanzas, os intereses, as motivacións, as experiencias e as vivencias dos seus autores e que son comúns a toda a xunventude en xeral.

Son esas mismas inquedanzas, medos e experiencias que todos vivimos cando fomos máis mozos e nas que todos nos podemos ver reflexados se votamos a vista atrás. Esperamos que a mostra teña unha gran acollida, animamos a todo o mundo a visitala durante este mes de febreiro na Casa de Cultura de Porto do Son, e queremos felicitar e agradecer a súa colaboración e traballo a Xavier Castro, director do centro; Montse Pernas, gran profesional e docente de imaxe e son do ciclo de fotografía, e por suposto felicitar especialmente a tódolos alumnos que participaron na producción desta mostra, que queren facer da fotografía a súa profesión.

 

2 de febreiro de 2015 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.