“Imos de excursión 2015” programa a súa primeira excursión a Taramundi

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A primeira das excursións programadas dentro da campaña Imos de excursión abrirá o prazo de inscrición presencial nos centros socioculturais o martes 17 de febreiro ás 17:00 horas. A excursión A Raia de Asturias: Taramundi realizarase o domingo 8 de marzo, cun programa que inclúe as visitas ao conxunto etnográfico da aldea de Teixois, á fragua dun artesán das famosas navallas de Taramundi e á propia localidade de Taramundi, onde os participantes gozarán tamén dun xantar típico concertado.

A excursión ten un prezo de 25 euros, que inclúen o bus, o seguro, o xantar, o guía e as entradas.

O programa de excursións e viaxes promovido dende os Centros Socioculturais contempla para este ano un total de oito excursións dun día e oito viaxes de varios días.

13 de febreiro de 2015 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.