Hipermóvil colabora cos laranxas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurela
A-
A+

O presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, e a gardameta laranxa Jozi visitaron Hipermóvil, en Burela (Camiño Real, 49), para agradecer o compromiso que o establecemento adquiriu esta tempada co patrocinio individual da internacional brasileira, pentacampioa do mundo.

Grande afeccionado ao fútbol sala e asiduo de Vista Alegre dende hai tempadas, o xerente do negocio de accesorios e recambios automóbiles, Rubén Varela Ordóñez, recibiu de mans de Manuel Blanco e Jozi un cadro conmemorativo da colaboración de Hipermóvil coa filosofía laranxa en 2014-15.

18 de febreiro de 2015 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.