Hernández mantén unha reunión co director e co secretario de Pen Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Hernández na reunión co director e co secretario de Pen Galicia

Hernández na reunión co director e co secretario de Pen Galicia

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, mantivo unha reunión co presidente de PEN Galicia, Luís González Tosar, e co secretario da devandita organización, Armando Requeixo. Os representantes en Galicia desta entidade, que reúne a escritores de todo o mundo en defensa da liberdade de expresión, trasladaron a Hernández o agradecemento da organización pola concesión da Medalla de Ouro da Cidade ao poeta Salvador García Bodaño.

Ademais, propuxeron ao alcalde a posta en marcha de iniciativas conxuntas que contribúan a incrementar a proxección cultural de Santiago, como a posibilidade de organizar unha xornada anual que reúna a escritores de todo o mundo entorno á marca Compostela Literaria.

25 de febreiro de 2015 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.