Gran resultado da Sociedade Ximnástica no Xogade de campo a través
Celebrouse o Campionato de Galicia de XOGADE de campo a través, coa presenza da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, que acudiu cos atletas que se clasificaran das frases previas, o seu equipo infantil masculino e Carolina Santos, na categoría alevín feminina.
O balance é moi satisfactorio coa cuarta posición dos rapaces e a medalla de bronce de Carolina.
Do equipo infantil que conseguiu a xa mencionada cuarta posición por equipos, o mellor foi Pedro Santos que tamén estivo moi preto do podio ao asinar un cuarto lugar, Alexandre Fernández, Felipe Dobarro e Antón Olmedo; entraron en meta un detrás doutro, nos postos 32, 33 e 34, respectivamente; completou o equipo Antón Martínez, no posto 51.
Agora comezarán as competicións de atletismo en pista, cuxa primeira xornada se celebrará o próximo sábado no Estadio Balaídos de Vigo, dedicada ás categorías benxamín e alevín e nas que veremos bastantes atletas da Escola Municipal de Atletismo da Sociedade Ximnástica.











