Gala benéfica contra o cancro no Teatro Jofre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+
Presentación da gala benéfica

Presentación da gala benéfica

A concelleira de Benestar Social do Concello de Ferrol, Rosa Martínez Beceiro, presentou esta mañá a gala benéfica contra o cancro que o vindeiro 6 de marzo se celebrará no Teatro Jofre, ás 20:30 horas. Unha gala que, tal e como subliñou a edil, ten como finalidade “recaudar fondos para esta entidade”, polo que animou á cidadanía a asistir a este festival de ópera e zarzuela. Na presentación desta iniciativa a concelleira estivo acompañada pola presidenta da delegación comarcal da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), Isabel Caamaño, así como outras representantes da entidade.

Esta gala solidaria correrá a cargo de La Castafiore, e tal e como avanzou a edil Rosa Martínez, as entradas para asistir a esta gala están dende hoxe á venda no despacho do Teatro Jofre e a través da web municipal: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural). Tamén é posible reservalas chamando ao número de teléfono da delegación comarcal da Asociación Española contra o Cancro: 981 370 003. O prezo das entradas será de 25 e 10 euros, dependendo da localización da butaca. Ademais, tanto a concelleira de Benestar Social como a presidenta da AECC, aproveitaron a presentación desta gala para destacar “a gran xenerosidade dos ferroláns” ao tempo que salientaron a boa resposta que sempre amosan en estas iniciativas solidarias.

24 de febreiro de 2015 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.