Fundación Lumière e Concello de Vilagarcía levan ao cine a 1.600 alumnos de colexios e institutos do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os alumnos de catro colexios e dous institutos de Vilagarcía teñen esta semana unha actividade extra escolar de cine programa pola Concellería de Educación e a Fundación Lumiére. Trátase das xornadas de cine en educación e valoras que organiza a entidade sen ánimo de lucro co obxectivo de promover o cine, axudar aos espectadores a comprendelo e utilizalo como ferramenta para a transmisión de valores. A actividade, que se desenvolve a nivel nacional, chega a Vilagarcía pro segundo ano consecutivo.

O programa comezou onte, segue hoxe e remata mañá xoves. As películas proxéctanse no Auditorio e celébranse dúas sesións cada día. Os centros educativos que participan na iniciativa son A Lomba, Anexo A Lomba, Sagrada Familia, CEIP Vilaxoán, IES Bouza Brey e IES Castro Alobre. En total acudirán ás proxeccións 1.572 alumnos e 79 profesores de todos os niveis de Primaria e Secundaria.

As sesións están adaptadas ás idades do alumnado ao que van dirixidas, aos valores que se queren promover con elas, ao igual que as actividades posteriores ao visionado e que consisten nun análise-debate da película dirixido por psicólogos da Asociación de Pedagogos de Galicia (Apega), e a posterior realización nas aulas de actividades complementarias para afianzar o aprendido na sesións, para o cal o organismo entregará diverso material didáctico físico e on-line.

Películas adaptadas ás idades e capacidade cognitiva

Os alumnos de 1º e 2º curso de Primaria verán a película de animación “Los Gnomos, La Gran Aventura” a través da cal traballarán aspectos como o coidado do medio ambiente, o respecto á natureza, a amizade ou que ser máis grande non significa ser mellor.

Para os estudantes de 3º e 4º curso de Primaria elixiuse a película “Carlitos y el campo de los sueños”, coa que identificarán a importancia da amizade e dos vínculos afectivos, así como a superación a través do deporte.

Os escolares de 5º e 6º de Primaria visualizarán o film “Diario de Greg” para traballar sobre a auto estima. Entre os temas a abordar están non deixarse influenciar polos estereotipos, superar os temores cara o novo e as inseguridades e a identificar a importancia da amizade.

Os alumnos de Secundaria tamén terán a oportunidade de traballar os valores e practicar o debate e a crítica a través de dúas películas adaptadas as súas idades. “Los Castigadores” é o film que verán os estudantes de 1º e 2º da ESO para reflexionar sobre o valor da amizade, identificar o complexo da espiral de violencia e as relacións entre iguais. Por último, os alumnos de 3º e 4º de Secundaria traballarán sobre os contidos e argumentos de “Los niños salvajes” para analizar que pasa na adolescencia. Dentro deste marco tocarán aspectos como a complexidade emocional e a busca da “liberdade”, as relacións entre adolescentes e familia, os conflitos interxeracionais ou o fracaso escolar ligado ´influenza das amizades.

11 de febreiro de 2015 | 11:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.